Ruando por Compostela

Localización

Descrición

Co escritor Euloxio R. Ruibal percorremos as principais rúas da Compostela monumental facendo paradas para ler, recitar ou cantar nas prazas máis representativas da cidade. Soan versos trobadores composteláns alternados cos dos poetas máis recentes. E non só poetas, que tamén dramaturgos, narradores que fan oír a súa voz.

O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011.

Texto do roteiro

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza de Creative Commons