Naceu na parroquia de Santa María de Xanza, concello de Valga (Pontevedra), o 29 de xuño de 1887. Morreu no mesmo lugar o 9 de agosto de 1939, onde está enterrado no panteón familiar.
Estudou para crego en Compostela e foi párroco de Lestedo (Boqueixón) desde 1917, onde mandou construír a igrexa actual desta parroquia.