Naceu no lugar de Vilaboa, concello de A Pontenova (Lugo), o 23 de xaneiro de 1884 e morreu na casa natal o 9 de xaneiro de 1931.
Cursou a carreira eclesiástica en Mondoñedo e Lugo e como cura castrense residiu en diferentes puntos de España e África. A súa única obra, de feito, Contos de polavila foi editada en Alcalá de Henares en 1928.