Syra Alonso naceu na Coruña en 1899. Os seus Diarios presentan un dos máis importantes documentos da represión franquista. Escribira a primeira parte en Tordoia, datados en Compostela en 1938, e a segunda na localidade mexicana de Actopán, en 1945. Relata os acontecementos que remataron coa vida do artista Francisco Miguel, co que estaba casada, e o tempo que vai desde o seu asasinato até que emigra con seus tres fillos a México.
En 2000, os Diarios de Syra Alonso chegaron a Galiza despois de máis de medio século de exilio. Faleceu en Cidade de México en 1970.